Cea
de empresa e grupos
En Xoldra ocupámonos da vosa cea ou festa para que vós non teñades que encargarvos de facelo. Con este fin dispoñemos dun extenso número de menús en diferentes restaurantes, adaptables a todos os gustos e orzamentos.
Tamén tedes a posibilidade de contar cun local privado no centro de Santiago, que podería combinarse co servizo de catering.
Ou se queredes un toque emocionante atrevédevos coas nosas actividades de aventura (paintball, puenting, rafting, barranquismo, quads, rutas a cabalo, ruta en veleiro, salto en paracaídas, voo en globo, pilotar unha avioneta,...)
E ca animación que máis se adapte á vosa cea ou festa:
camareiro infiltrado, monologuistas,
magos, contacontos, antiboy,
drag queen, strippers, gogós, djs,
actuación musical, bailaríns...
Todos estes
eventos poden
completarse con aloxamento (hotel, casa
rural, hostal,...), aluguer de limusina ou autobús e, se tedes fillos,
non vos preocupedes porque tamén temos coidadores infantís.
