Festas cumpreanos
¿Queredes celebrar un cumpreanos diferente?
¿Queredes darlle unha sorpresa a un amig@ no seu día?
Ofrecémosvos unha variada gama de propostas que vos poden interesar:
liberar
adrenalina cunha actividade de aventura, 
disfrutar dun entorno rural,
relaxarvos nun balneario,
adentrarvos nunha festa temática,
cea con animación:
camareiro infiltrado, drag queen, stripper, antiboy, actuación
musical, tuna, mariachis...
E se o que buscades é sair a cear cos vosos amigos, pedídenos orzamento sen compromiso, temos un gran número de menús axustados a todo tipo de bolsillos e gustos.
En Xoldra tamén vos organizamos esa festa especial nun local no centro de Santiago só para vós, ou se preferides na intimidade da vosa casa.
