Xoldra eventos
Xoldra é unha empresa adicada á organización de eventos de ocio, ubicada en Santiago de Compostela. Encargámonos de preparar todo o que precises para o teu evento.
Contamos cunha ampla relación de provedores, que nos permiten ofrecerche unha gran gama de servizos a uns prezos moi competitivos.
Centrámonos en ofrecer un servizo personalizado a medida dos gustos e necesidades de cada cliente, porque sabemos que cada evento é único e cada persoa diferente.

A xestión dun acto de celebración persoal ou profesional pode resultar un traballo duro e costoso a nivel de tempo e esforzo, dos que non sempre dispomos para levar a cabo o evento que nos gustaría.
Esta é a actividade da nosa empresa, lograr que o cliente consiga un ocio diferente, de calidade e ben organizado.
